Neste momento estás a ver SABÍAS QUE? O mar chegaba a  antiga igrexa de Lires

SABÍAS QUE? O mar chegaba a antiga igrexa de Lires

A actual igrexa de Santo Estevo de  Lires foi construída no século XVIII para substituír a anterior igrexa que estaba edificada cerca da ría e que corría o risco de inundacións durante as mareas vivas.

O visitador do arzobispado de Santiago, Don Jerónimo del Hoyo, escribía sobre a igrexa antiga de Lires, da que queda memoria popular, e dicía: “San Esteban de Lires, anexo de Santa María de la Junquera de la villa de Cee. Esta feligresía tiene cuarenta feligreses. No hay Santísimo Sacramento porque la mar llega al campanario que está al otro lado del atrio”.

QUE FACER

Danza de arcos e festival de baile galego, que se celebran en Lires na primeira quincena do mes de maio.

Festival Folk de Lires, que se celebra na última quincena do mes de maio.