Na praia de Lires, nos meses máis fríos de inverno, pódese pescar un curioso peixe de corpo pequeno (máximo 35 cm), alongado, de cabeza puntiaguda e cor azul-verdoso. Responde ao nome de lubión, aínda que noutras localidades é coñecido como lanzón, pipión ou pixilin.
Aínda que normalmente non se pesca deportivamente, se non para cebo, en Lires é tradición frixilos en aceite para despois saborealos na mesa. Os exemplares máis pequenos cómense enteiros con espiña e cabeza.
O lubión vive en fondos areosos ata unha profundidade máxima de 100 m, sendo pouco visible porque durante o día agóchase na area. Aliméntase de plancton, larvas, peixes e crustáceos. Ao mesmo tempo, serve de alimento a outros peixes máis grandes, como é o caso da sabrosa robaliza que tamén se pode pescar na praia de Lires.
Aínda que noutros litorais a súa captura faise mediante a arte de cerco do boliche ou chinchorro, en Lires péscase con un fouciño de mango longo e sen corte, que se introduce na area levantando o lubión con moita destreza mentras é recollido coa man. Aínda que hoxe en día os pescadores máis veteranos de Lires idearon un sistema inxenioso que lles permite apañar o lubión sen necesidade de meterlles a man para evitar que escapen do fío do fouciño.
QUE FACER:
Vir practicar pesca deportiva na praia de Lires, onde poderás facer un descanso e serás benvido se decides visitar a nosa casa: LiresCa.