Neste momento estás a ver SABÍAS QUE? Un gato foi o único tripulante dun barco que encallou en Bergantiños

SABÍAS QUE? Un gato foi o único tripulante dun barco que encallou en Bergantiños

Coñecido co nome do “barco do gato capitán”, no 1945 unha nave de cabotaxe soltou amarras nun día de temporal e pasou varias horas navegando dun lado para outro na ría de Bergantiños ata que encallou de “forma limpa” nun baixo de area. Para sorpresa de todos, no seu interior só estaba un gato: o gato capitán do barco.

QUE FACER:

Visita á ensenada da Insua en Cabana de Bergantiños, en O Couto (Ponteceso). Nela amontónase a area e fórmase un gran conxunto de dunas de case 2 Km de lonxitude e uns 400 metros de anchura media. A 40 minutos de LiresCa.