LiresCa,
unha casa de aldea,
unha experiencia, un compromiso
A nosa historia de mar e terra
LiresCa é unha antiga casa de labranza do século XIX que pertenceu aos avós Lina e Juan e que rehabilitamos preservando o encanto das aldeas galegas.
Restauramos a casa poñendo todo o noso sentimento, buscando a harmonía coa contorna que nos rodea e apostando pola sustentabilidade.
Para a súa restauración usamos a pedra de cantería orixinal da casa, apostamos por materiais nobres para carpintería e mobiliario, e reutilizamos madeira de batea de mexillóns que, a modo de fachadas ventiladas, permítenos unha mellora da eficiencia enerxética.
O noso compromiso
Coa nosa contorna, coa nosa comunidade, cos nosos hóspedes.
LiresCa é unha casa eficiente enerxeticamente: usamos aerotermia para o chan radiante e contamos con fachadas ventiladas de madeira de batea reutilizada, equipos e luminarias de máxima eficiencia e minimizamos a xeración de residuos.
Apoiamos iniciativas sociais, mantendo estreitos vínculos de colaboración e traballo con asociacións sen ánimo de lucro que promoven a cultura, a integración social e o respecto polo medio ambiente.
Nesta unión entre o ancestral e o moderno apostamos pola máxima calidade e confort, dotando á casa e ás habitacións de todas as comodidades que garanten aos nosos hóspedes unha experiencia única e inesquecible.
Wifi
Conexión a internet gratuíta a través de Wifi
Check in online
O check in realízase online. Rápido e seguro.
Independente
Acceso a plantas con código.
Aparcamento
Garda bicis e aparcamento gratis (limitado).
Almorzo
Repostería caseira e produtos de proximidade.
Localización estratéxica
A nosa casa está situada en Lires, en pleno corazón da Costa da Morte.
Pola nosa porta pasa a Ruta Peregrina do Camiño de Santiago que conduce de Fisterra a Muxía. E por aquí tamén pasa a Ruta e o Camiño dos Faros (etapa 8: Nemiña-Cabo Fisterra ), así como varios camiños de sendeirismo e BTT.
Se che gusta o sendeirismo ou andar en bicicleta, podémosche proporcionar información sobre os percorridos máis próximos e tamén che podemos poñer en contacto con empresas locais de turismo activo.
Accesible
Casa accesible con habitación adaptada.
Km O
Produtos locais e de proximidade.
Chan radiante
Calor no inverno
e frío no verán.
Salón
Espazos comúns, con salón, bar e biblioteca.
Xardín
Amplas zonas comúns exteriores, con terraza.
Cociña de aldea
En LiresCa podes degustar a gastronomía máis tradicional e auténtica da Costa da Morte. Trátase da cociña de aldea. De elaboración sinxela e cun toque persoal, e onde os protagonistas son os produtos locais, frescos e de proximidade, procedentes do mar e a terra que nos rodea.
Nos nosos almorzos os imprescindibles son o bo café, a repostería de elaboración propia, as froitas, e o pan de forno de leña acompañado de marmeladas e mel artesás.
Ademais dos pratos de carta, preparamos picnics para o Camiño con bocadillos, froita e bebidas.
Contamos con alternativas para intolerancias e alerxias.
Lavandería
Servizo extra de lavandería baixo demanda.
Traslado
Servizo de traslado de mochilas para os camiñantes.
Taxi
Concertación
de servizos de traslado
en taxi.
Pago fácil
Sen necesidade de realizar o pago por adiantado.
Nenos gratis
Gratis de 0 a 5 anos, se usan as camas existentes.