A exposición da Asociación Ambiental Mar de Fábula estivo connosco en Espazo LiresCa durante case 2 meses.
Foi a primeira exposición coa que inauguramos LiresCa. E moi agradecidos estamos a Mar de Fábula e a Xosé Manuel Barros.
As figuras caóticas, as caixas de peixe, as cabezas perdidas, os barcos… en definitiva, as esculturas feitas do lixo plástico apañados nas nosas praias acompañáronnos durante os primeiros pasos desta nova singradura.
Foi moita a xente que pasou por LiresCa durante estes meses: camiñantes, visitantes, xente local… Todos eles quedaron abraiados do que alí se atoparon. Todos eles levaron consigo a mensaxe de concienciación que esta Asociación pretende transmitir “como un berro desgarrado dos océanos que claman contra a súa destrución”.