Restaurante LiresCa,
cociña de aldea,
cociña de proximidade

Un bocado tradicional con produtos locais

En LIRESCA podes degustar a gastronomía máis tradicional e auténtica da Costa da Morte.

Trátase da cociña de aldea. De elaboración sinxela e cun toque persoal, e onde os protagonistas son os produtos locais, frescos e de proximidade, procedentes do mar e a terra que nos rodea.

Nos nosos almorzos os imprescindibles son o bo café, a respostería de elaboración propia, as froitas, e o pan de forno de leña acompañado de marmeladas e mel artesás.

Ademais dos pratos de carta, temos bocadillos e bocados especiais que che permitirán facer un alto no camiño para repoñer forzas.