O dolmen da Pedra da Arca, tamén coñecido coma o dolmen de Cerqueda é un dos dolmens máis grandes de Galicia, que data do período entre o 3500 e o 2700 a.C, e está situado no concello de Malpica (Costa da Morte). A tradición conta que unha moura construíu a Pedra da Arca, cargando pedras na cabeza mentres fiaba e daba de mamar a un neno.
Na mitoloxía galega as mouras son fermosísimas mulleres que viven baixo a terra ou baixo as augas, seres máxicos que de cando en vez se pasean entre nós, sentándose ás beiras dos ríos e os lagos e peiteando os seus longos cabelos con peines de ouro. Soen vincularse a un castro, túmulo ou monumento prehistórico.
QUE FACER:
Visita ao Dolmen da Pedra da Arca, en Lugar Filgueira, Malpica de Bergantiños.
A tan só 45 min de LiresCa!