O Monte Pindo, coñecido tamén como o Olimpo Celta, serviu de refuxio durante a Guerra Civil española e a posguerra aos fuxitivos republicanos ou a aqueles que non querían participar na contenda.
Así é que no 1936 co golpe de estado militar contra o lexítimo Goberno da República, a Garda Civil e a Falanxe na súa ocupación dos concellos da Galicia rural chegan ao Concello de Carnota. Dirixentes políticos, sindicalistas, e xente que non quería participar na guerra, ven nesta mole granítica, o Monte Pindo, un lugar onde poder refuxiarse de maneira segura.
QUE FACER:
Unha lectura: ‘Crónica de una Represión en la Costa da Morte’. Autor: Luís Lamela García.