Neste momento estás a ver SABÍAS QUE? Para provocar o naufraxio das embarcacións os veciños da Costa da Morte penduraban farois acendidos dos cornos dos bois

SABÍAS QUE? Para provocar o naufraxio das embarcacións os veciños da Costa da Morte penduraban farois acendidos dos cornos dos bois

A lenda máis antiga que se coñece sobre o nome da Costa da Morte conta que, en noites de temporal e de pouca visibilidade, veciños da costa acudían cos seus bois a pasealos polos límites dos cabos. Dos cornos destes animais penduraban farois acendidos e, co balanceo provocado polo andar, semellaban outras embarcacións. Deste xeito, para procurar un bo abrigo da tempestade e por imitación destas supostas embarcacións, os barcos aproximábanse á costa, caendo nunha trampa mortal ao encallarse inevitablemente coas rochas. Era neste momento, cando os ‘naufragadores’ aproveitaban para saquear o barco e asasinar aos atemorizados e indefensos mariñeiros.

Existen tamén lendas que falan de que nas praias interiores e nas rías vivían piratas nas súas embarcacións, e cando pasaba cerca un barco afundíano e deixaban que as correntes mariñas e as mareas transportaran o botín ata a beiramar, aforrando deste xeito grande parte do traballo que supoñía levar a cabo as abordaxes en alta mar.

Aínda existindo un grande número de lendas negras sobre a actuación da xente da Costa da Morte nos naufraxios, o certo é que multitude de náufragos foron rescatados por mariñeiros dos lugares costeiros arriscando heroicamente as súas vidas.

Destaca por exemplo o rescate con case tres días de traballo, dos 23 tripulantes do Kenmore na praia de Traba (Laxe) no 1904. Ou dos 41 tripulantes do petroleiro ruso Boris Scheboldaef en Pedra do Porto (Camelle) en agosto de 1934. Ou dos náufragos dos City of Agra, Standard, Boris, Serpent ou Iris.

QUE FACER:

Unha lectura: ‘Naufragios y Crónica Marítima de Galicia hasta 1899’.
Autor: Fernando Patricio Cortizo