Neste momento estás a ver SABÍAS QUE? O documental ‘O Desafío do Sil’ contén imaxes inéditas da película documental ‘Lires’

SABÍAS QUE? O documental ‘O Desafío do Sil’ contén imaxes inéditas da película documental ‘Lires’

Domingo Díaz Docampo está a presentar o seu último documental, titulado ‘O Desafío do Sil’, un recorrido histórico sobre a construción de presas por parte da empresa Saltos del Sil (1945-1965) que cambiou para sempre a silueta de Valdeorras e tamén o modo de vida dos seus veciños.

Este documental contén imaxes inéditas da película documental ‘Lires’ cun gran valor histórico para a nosa aldea.

‘Lires’, de Francisco De La Calle, foi filmada polo Servizo de Extensión Agraria alá polos anos 1960 e recibiu premios en varios certames internacionais. Esta mediometraxe de aproximadamente 20 minutos de duración amosa a aldea de Lires vertebrada por un camiño en mal estado e sen asfaltar, sen traída de auga e sen rede eléctrica en moitos sitios. A unidade veciñal pon en marcha varios traballos que melloran substancialmente a calidade de vida da aldea, sendo o primeiro deles a traída de auga para dar servizo a todas as casas.

Ambos documentais, ‘O Desafío do Sil’ e ‘Lires’, poñen en valor o cambio social e económico que significaron estas obras en núcleos rurais.

QUE FACER:

Ver a película ‘Lires’.