Neste momento estás a ver SABÍAS QUE? Galicia é a comunidade da Península Ibérica con máis quilómetros de litoral
Praia de Nemiña - Costa da Morte.

SABÍAS QUE? Galicia é a comunidade da Península Ibérica con máis quilómetros de litoral

Galicia ten preto de 1.500 quilómetros de litoral, case o 20% do total de España. Ademáis, as súas condicións xeográficas e as súas ondas fan das súas praias escenarios privilexiados para a práctica do surf a todos os niveis e na maior parte do ano.

Trátase da comunidade con con maior número de licencias e clubs con actividades relacionadas co surf.

QUÉ FACER:

Un agradable paseo pola praia de Nemiña. Esta praia de area fina e con unha lonxitude de 800 metros é perfecta para os amantes do surf, pescadores e naturalistas. Situada en frente da praia de Lires, cando a marea está baixa pódese cruzar andando pola ría de Lires e de maneira totalmente segura chegar á praia de Nemiña nuns minutos.

E lembra que LiresCa está en Lires, xusto enfrente da praia de Nemiña!