Neste momento estás a ver O nome de Costa da Morte procede dos numerosos naufraxios que nela acaeceron

O nome de Costa da Morte procede dos numerosos naufraxios que nela acaeceron

A Costa da Morte, franxa costeira de Galicia, que vai desde Malpica ata Fisterra, gañou este nome polos numerosos naufraxios acaecidos no século XIX e comezos do século XX, e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa.

Se ben este tramo de costa forma parte da vella crónica naval, o topónimo Costa da Morte é moderno, tendo apenas un século.

As primeiras aparicións do nome Costa da Morte en español e galego sempre fan referencia a naufraxios acaecidos no tramo do mar de Traba e do mar do Trece, brava costa que depende da cofradía de pescadores de Camelle, sendo un nome marcado pola lenda negra dos ladróns, e a atribución dos nativos como naufragadores de barcos.

O xornalista Lisardo (Rodríguez) Barreiro xa advertía de que o termo Costa da Morte estaba inspirado en calificativos semellantes que se usaban no século XIX aplicados á costa inglesa.

 

QUE FACER

Ruta da Costa da Morte: Trátase de unha ruta para coñecer A Costa da Morte, con unha duración aproximada de tres días en coche. Pódense realizar pequenos tramos a pé de dificultade baixa, aptos para todos os públicos. Fai unha pequena parada no camiño e visita Lires, onde atoparás LiresCa.