Grazas á iniciativa dun mestre de escola e á ilusión dun grupo de nenos de Camelle, que naquel momento cursaban 5º de EXB, foi posible elaborar unha obra capital sobre os naufraxios na Costa da Morte.
A idea naceu no 1974, cando un día na clase, o mestre e alumnos comentaron o encallamento dun barco que se acababa de producir nas proximidades do Cabo Vilán, en Camariñas. A raíz de este feito, José Baña Heim retomou unha idea que levaba anos na súa cabeza: percorrer a Costa da Morte para recuperar as historias, testemuños e lendas da boca da xente sobre os naufraxios que, en moitos casos, nin sequera estaban documentados.
Deste xeito, o 3 de xullo do 1974, o profesor e os nenos iniciaron o percorrido no faro do cabo Roncudo de Corme e, tras varias etapas, remataron o traballo na bahía de Corcubión, ao abeiro do cabo Fisterra.
Despois do traballo de campo, o proxecto completouse cun profundo labor de investigación. Finalmente, no 1980, o libro foi publicado.
QUÉ FACER:
Unha lectura: ‘Costa de la Muerte. Historia y Anecdotario de sus Naufragios’.
Autor: José Baña Heim