Algunhas bibliografías indican que o nome da comarca non é galego, se non que foi acuñado pola escritora Annette Meakin, amiga da raíña Victoria, a muller do rei Alfonso XIII.
Alá polo ano 1908, esta escritora sorprendida e horrorizada polos naufraxios que acaeceran a finais do século XIX, acabou referíndose a esta costa como “Coast of Death”. Meaken aclaraba que o nome era coñecido entre os mariñeiros ingleses polos naufraxios dos seus barcos nesta costa.
A partires de entón, por influencia da prensa inglesa e madrileña, comezou a chamárselle Costa da Morte.
Se ben é certo que esta era a única referencia que tiñamos ao respecto ata fai pouco, os investigadores e escritores Rafael e Xosé Manuel Lema Mouzo mencionan outras referencias bibliográficas nas que se fai alusión a este nome para referirse a esta terra:
Do 1904 data un exemplar do diario coruñés Noroeste que publica: “Tres buques náufragos en la costa de la muerte”. É por tanto, a primera referencia escrita que se coñece do topónimo Costa da Morte.
Do 1907 hai un mapa con unha cruz no afundimento do Serpent e o nome de “coast of death”
Do 1910 figura o poema de Faustino Lastres que di: “E alá na costa d`a morte / Érguese sobre os peñascos / O villano sempre forte”.
QUE FACER
Unha lectura: “Costa da Morte, un país de sueños y naufragios”
Escritor: Rafael Lema Mouzo. Camariñas (Ponte do Porto)
Editorial: Grupo Acción Costeira
Sinopse: Obra de divulgación da historia dos naufraxios da Costa da Morte, e aporta datos sobre a historia deste topónimo.