Neste momento estás a ver SABÍAS QUE? Os percebes son hermafroditas

SABÍAS QUE? Os percebes son hermafroditas

O percebes son hermafroditas, é dicir, posúen órganos reprodutores masculinos e femininos.

Sen embargo, o percebe non pode autofecundarse. Para levar a cabo a reprodución é necesario que interveña outro exemplar e que un deles actúe coma macho e o outro coma femia. Cada individuo asume un rol determinado ao aparearse, pero non se sabe a ciencia certa de qué depende esta elección.

Desde a primavera ata os inicios do outono, ten lugar o apareamento dos percebes. Como non poden desprazarse por estar adheridos ás rochas, a fecundación poden levala a cabo de dúas maneiras. Unha delas consiste en que, nos períodos de apareamento e co mar en calma, os percebes entreabren as placas protectoras do pene podendo levar a cabo a fecundación grazas á lonxitude deste, que se introduce na cuncha do percebe máis próximo “en fase femia” depositando o esperma que causa a liberación dos óvulos, que á súa vez son fertilizados.

A outra forma de fecundase, consiste en que os machos expulsan o seu esperma ás correntes mariñas a ver se hai sorte e atopan compañeira.

 

QUE FACER

Festa do percebe do Roncudo, en Corme (Ponteceso), que se celebra na segunda quincena de xullo. Trátase dunha celebración na que se honra aos mariñeiros e mariscadores falecidos , e na que se desgusta o percebe e outros produtos.