Neste momento estás a ver SABÍAS QUE? Antigamente existía a crenza de que en Fisterra estaba a fronteira entre a vida e a norte
Faro Finisterre.

SABÍAS QUE? Antigamente existía a crenza de que en Fisterra estaba a fronteira entre a vida e a norte

Unha das innumerables lendas que hai na Costa da Morte di que ao ser o Fin do Mundo aquí era onde estaba a fronteira entre a vida e a morte. Antigamente críase que o planeta Terra era plano, e Fisterra, situado na Costa da Morte, era considerado o extremo máis occidental do continente europeo e, por tanto, o punto de Europa máis preto ao “fin do mundo”.

Outra das lendas nas que se inspira o nome Costa da Morte fala de que, dado que o Camiño de Santiago terminaba en Fisterra, este era por onde os antigos peregrinos celtas chegaban de toda Europa ao lugar onde o Sol morría cada día para renacer a unha nova vida de luz.

QUE FACER:

Visita ao Cabo Fisterra, onde poderás gozar dun dos atardeceres con máis encanto da Costa da Morte.

A tan só 15 minutos de LiresCa!

Posta de Sol no Cabo Fisterra.