LIRESCA Lires no Camiño

Unha casa do século XIX con aloxamento e cociña no corazón da Costa da Morte

Impregnados do salitre do mar
e do aroma
da terra

LIRESCA é unha antiga casa de labranza do século XIX que pertenceu aos avós Lina e Juan. Restaurámola preservando o encanto das aldeas galegas para prestar o servizo de aloxamento e cociña.

Pola nosa porta pasa a Ruta Peregrina do Camiño de Santiago que conduce de Fisterra a Muxía. E por aquí tamén pasan a Ruta e o Camiño dos Faros (Nemiña-Fisterra), así como varias rutas de sendeirismo e BTT.

Rodeados da máis agreste natureza, contamos con praia, dúas calas, dous ríos, unha ría (a máis pequena de toda Galicia!) e monte. E desde LIRESCA gozamos de excelentes vistas a esta paisaxe.

Para sentirse como na casa

LIRESCA pon á túa disposición 8 habitacións con todos os servizos para unha estancia perfecta. Todas elas comparten a esencia dun deseño que crea espazos acolledores e luminosos, e da aposta pola calidade nos materiais para garantir o mellor descanso aos nosos visitantes.

No deseño das habitacións primou a intimidade e a comodidade dos nosos hóspedes. O sentirse como na casa foi nosa máxima.

As habitacións alúganse individualmente.

Internet por Wifi

Conexión a internet gratuíta a través de Wifi.

Allergy friendly

Materiais orgánicos e hipoalerxénicos.

Check in online

Proceso online rápido e seguro.

Chan radiante

Proporciona calor no inverno e frío no verán.

Casa
eco-friendly

Casa eficiente enerxeticamente como parte do noso forte compromiso co medio ambiente.

Turismo
activo

LiresCa está nunha contorna ideal para o sendeirismo. Consulta todo o que podes descubrir. 

LiresCa conta con servizos especializados para ofrecer a mellor experiencia a camiñantes.

Cociña de
aldea

Almorzos caseiros con pan de forno de leña e un restaurante baseado en produtos de proximidade.

Espazo
Liresca

Máis que unha casa: sala de exposicións, biblioteca literaria, actividades culturais…

O que din os nosos hóspedes