LiresCa,
servizos especiais para camiñantes

Se es camiñante, debes saber que por Lires transcorren varios roteiros de sendeirismo , e pola porta de LiresCa pasan dous dos máis importantes de Galicia: a Etapa 7 do Camiño peregrino (Fisterra – Muxía), e a Etapa 8 do Camiño dos Faros ( Nemiña-Fisterra).

Para ti que es camiñante,
en LiresCa ofrecemos os seguintes servizos especializados:

Lavandería

Para que dispoñas da túa roupa lista ao seguinte día, na nosa recepción podes solicitar o servizo de lavado e secado.

Secado de calzado

Se a choiva acompañouche no camiño, encargámonos para que teñas o calzado seco á mañá seguinte.

Almorzos

Elixe o almorzo que máis se adapte ás túas necesidades: reforzados, veganos, sen glute, sen lactosa….

Avituallamento

Preparámosche un picnic para levar,
para que así poidas chegar con forzas ao final da túa etapa.

Traslado de mochilas

Axudámosche a xestionar a recepción e traslado da túa mochila ou maleta, para que só te preocupes de gozar do camiño.

Taxis

Colaboramos con servizos de taxis para que, se o necesitas, acompáñenche na viaxe.

Bicis seguras

Gardamos a túa bicicleta, para que cando te vaias a descansar esta quede a bo resgardo.

Botiquín

Dispoñemos de
botiquín para
aliviar as pequenas lesións.

Credencial

Temos selo para as credenciais e credenciais da Etapa 7 do Camiño de Fisterra a Muxía.

Información sobre as etapas

Coñecemos ben os Camiños, para así poder axudarche se tes algunha dúbida.

Se cando nos visites o noso servizo de restaurante non está dispoñible, informámosche doutros restaurantes que se atopan a escasos metros de LiresCa, e aos que podes ir andando. E se o prefires, podes encargar a túa comida para comer no salón ou terraza da nosa planta baixa, onde poñemos á túa disposición o enxoval que necesites.