LiresCa é un proxecto de aloxamento de turismo rural en pleno corazón da Costa da Morte.

Atópase situada na aldea de Lires, no Camiño de Santiago en plena ruta peregrina Fisterrra – Muxía.

Trátase dunha casa do século XIX, que foi restaurada baixo a premisa de preservar o encanto da arquitectura tradicional das aldeas galegas, e que nace como un proxecto innovador no sector turístico da Costa da Morte, dispoñendo dunha Área de Dinamización na que se fomenta o valor patrimonial da zona e o consumo de produtos pesqueiros locais.

Este proxecto conta co financiamento da Unión Europea Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020), cunha axuda outorgada ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro “Seo Fisterra Ría de Muros-Noia”.

Empresa beneficiaria dunha axuda do fondo de financiamento para a reactivación económica e social promovido pola Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Cee (2020).

Empresa beneficiaria dunha axuda da Xunta de Galicia, línea TU503C. Importe: 4727,88 €.

Empresa beneficiaria no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ao obxecto de favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e co resultado de potenciar Galicia como destino turístico.