EN LIRESCA O PRIMEIRO É A TÚA SEGURIDADE
Unha das máximas de LiresCa é a hixiene e a limpeza, proba diso son as valoracións positivas dos nosos hóspedes.
Actualmente, dadas as circunstancias provocadas pola crise do coronavirus, en LiresCa adecuamos e reforzamos todos aqueles aspectos do día a día sensibles á seguridade sanitaria tanto dos nosos clientes como dos nosos empregados.
Con este fin, implementamos un conxunto de medidas para que en todo momento a túa experiencia sexa tan segura como cómoda.
Antes da túa chegada:
✓ Instauramos o web check-in para evitar ao máximo a manipulación de documentos de forma física, minimizando ademais o tempo de rexistro.
Á túa chegada:
✓ Para que poidas desinfectar as túas mans antes de entrar na nosa casa, dispoñemos de hidroxeles nas entradas e en recepción, e de alfombras desinfectantes nas entradas ás plantas das habitacións.
✓ Na nosa planta baixa temos á túa disposición equipos hixiénicos, tales como máscaras e xeles hidroalcólicos, así como un termómetro láser por se necesitas medir a túa temperatura. Dispoñemos, así mesmo, dun medidor de CO2.
✓ Para evitar compartir documentación en papel, dispoñemos de información en liña sobre A Costa da Morte, e de códigos QR para consultar a carta do noso restaurante.
✓ Toda a nosa vaixela e enxoval é lavada a altas temperaturas.
✓ Para a limpeza usamos os desinfectantes homologados contra o COVID-19.
✓ Aumentamos a frecuencia de limpeza e desinfección nas zonas comúns, con especial atención a baños públicos, varandas, pasamans, manillas de portas e mostrador.
✓ Recomendámosche que manteñas a distancia de seguridade respecto as outras persoas que non viaxan contigo. Tamén che aconsellamos que non toques as manillas e portas das habitacións que non vaias ocupar.
Na habitación:
✓ Eliminamos a decoración (coxíns, plaids, …). Os téxtiles que poidan quedar na habitación (cortinas e sofás) con cada nova entrada son nebulizados con desinfectante.
✓ Entre a saída e entrada dun novo hóspede o noso protocolo de limpeza intensifícase.
✓ Temos implantado a barreira sanitaria, con dobre circuíto para a roupa limpa e sucia sen contacto.
✓ A papeleira do baño conta con tapa, bolsa e accionamento non manual.
✓ A roupa de cama e as toallas son limpadas a altas temperaturas.
✓ Dispoñemos do Certificado de Hixiene do grupo empresarial ELIS.
O noso equipo de traballo:
✓ Todo o equipo de traballo de LiresCa está dotado de máscaras homologadas que debemos usar mentres estamos na propiedade, e luvas para aqueles traballos que o requiran.
✓ A nosa roupa de traballo é usada unicamente nas nosas instalacións.
✓ Establecemos pautas internas para unha hixiene correcta e lavado frecuente de mans.
✓ Colocáronse recordatorios de saúde e hixiene nas nosas zonas de traballo.
✓ Formouse a todo o persoal sobre as normas e protocolos establecidos para o COVID-19.
Por ultimo, lembra:
✓ Se tes síntomas, avísanos e axudámosche.
✓ Teléfonos de emerxencia:
- 061
- Galicia: 900 400 116
- Hospital Virxe da Xunqueira de Cee: 981 70 60 10